INFORMACIÓN SOBRE CAMPAMENTOS EN DUNDALK (IRLANDA)

Compartimos información sobre campamentos de verán en Dundalk (Irlanda), a localidade coa que o CPI Progreso estableceu intercambios a través do programa Erasmus+.

Trátase de estadías de entre 1 e 3 semanas para mocidade entre os 11 e os 19 anos.

Para máis información poden contactar no correo info@thelanguageplace.ie ou nos teléfonos +353 87 2297473 / +353 87 2297476

Pdf con información sobre os cursos

Sitio web: http://www.thelanguageplace.ie/teen_total_immersion.php

AULA MENTOR

Aula Mentor é un programa de formación non regulada a través de internet, flexible e con titorización personalizada, dirixido a persoas adultas maiores de 18 anos. O programa ten como obxectivos: contribuír á mellora da cualificación profesional, promover o desenvolvemento das competencias no uso das TIC, e poñer á disposición da veciñanza unha oferta formativa de calidade e sensible ás necesidades do ámbito rural.
O Programa Aula Mentor conta cunha oferta formativa de máis de 200 cursos referenciados ao Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionales. Trátase de cursos de formación cunha duración de 30 a 50 horas lectivas impartidas ao longo de dous meses cun custo da matrícula de 48 euros por curso.
Pódese consultar toda a oferta formativa telemática da Aula Mentor na seguinte ligazón:
Ante calquera consulta podedes acudir de forma presencial á Aula CeMIT – Mentor situada na rúa do Concello, 14. Ou poñervos en contacto a través do teléfono 616 842 467 en horario de 9:30 a 14:00 horas ou a través do correo electrónico: catoira@aulamentor.es

O ALUMNADO DAS ACTIVIDADES DE VERÁN ACHÉGASE Á FIGURA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

A rapazada que asiste ás actividades lúdicas de verán do Concello gozou esta mañá da actuación da compañía Polo Correo do Vento, coa actividade “De Valdeorras a México. Terra A Nosa”, promovida polo departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra para homenaxear a figura de Florencia Delgado Gurriarán, a quen se dedicou este ano o Día das Letras Galegas.

O CPI PROGRESO DE CATOIRA PARTICIPA NUN NOVO PROXECTO ERASMUS+ CON TURQUÍA E FRANCIA

O centro educativo CPI Progreso de Catoira está inmerso nun novo programa ERASMUS+. Nesta ocasión establécese colaboración cun centro educativo turco, o Fevzipasa Ortaokulu, e outro francés, o Collège Louis Anquetin.

Este proxecto está cofinanciado polo programa ERASMUS da Unión Europea, a través da Acción clave 2: Asociacións para a cooperación.

“EU INTERCULTURAL PATHS2” é o título do proxecto e o seu tema abarca os ámbitos de inclusión e educación patrimonial. Este proxecto ERASMUS, que terá unha duración de 24 meses, iniciouse no mes de novembro de 2021 e rematará en novembro do 2023.

En canto ás actividades do proxecto, destacan as estancias nos diferentes centros educativos e o concurso internacional sobre a elaboración dun vídeo coa temática do patrimonio da súa localidade.

Entre os anos 2017 e 2019 tivo lugar a primeira experiencia do CPI participando nun programa Erasmus+, cando se estableceu un intercambio cun centro irlandés.

A implicación de Catoira neste programa xurdiu a raíz dos contactos establecidos polo alcalde, Alberto García, tras visitas e xestións nese país. O Goberno local agradece o esforzo e a dedicación do equipo directivo e do profesorado do centro, xa que se trata de experiencias moi enriquecedoras para o alumnado.

 

 

CONVOCATORIA DE CURSOS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS CELGA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística oferta unha serie de cursos preparatorios para a obtención dos certificados Celga (Celga 1, 2, 3 e 4). Podes inscribirte de maneira gratuíta, creando previamente unha conta (https://formacion-lingua.xunta.gal/login/signup.php?), ata o vindeiro 7 de marzo na Plataforma de Teleformación (https://formacion-lingua.xunta.gal/?redirect=0).

As modalidades dos cursos son:
  • Telemáticas: Os cursos poderán seguirse a través de internet dende a Aula CeMIT do Concello.
  • Presenciais: Neste caso terán lugar entre o 21 de marzo e o 12 de maio e as prazas adxudicaranse por sorteo público o 14 de marzo.
NOTA: Tanto as incricións como o seguemento dos cursos telemáticos poderán realizarse na Aula CeMIT no seguinte horario:
  • LUNS- MÉRCORES: 09:30 -14:00 h.
  • MARTES-XOVES: 17:00 -20:00 h.
  • VENRES: 09:30 -13.30h.
Poden consultar toda a información na Resolución do DOG nº 30 de 14/02/2022:

O CONCELLO DE CATOIRA ACONDICIONA AS PARCELAS DAS CASAS DO PROFESORADO DO COLEXIO PROGRESO COMO HORTAS ESCOLARES

Operarios do Concello de Catoira están a traballar no acondicionamento dos xardíns das antigas vivendas dos mestres para convertelas en parcelas de cultivo para uso educativo.
Nunha primeira fase estase actuando nas parcelas máis próximas ao edificio do comedor. Dúas delas xa foron adxudicadas a dous cursos de Primaria, e conforme vaian estando listas iranse repartindo entre os cursos restantes.
Esta iniciativa abre un amplo abano de posibilidades educativas, que van desde a sensibilización sobre o coidado do medio natural ata o traballo de contidos curriculares específicos. Mediante o proceso de cultivo de diferentes hortalizas o alumnado pode aprender dun xeito práctico sobre agricultura, bioloxía, nutrición ou traballar valores como o respecto ao medio, a responsabilidade ou o traballo en equipo.
Top

Edificio Multiusos Rúa do Concello, 1 36612, Catoira (Pontevedra)

Tf. 986 54 60 14

concello.catoira@eidolocal.es