Parque da Fonte Gaiteira

Carballeira situada en pleno casco urbano, á beira do río Catoira. O seu céntrico emprazamento e a súa beleza convérteno no máis céntrico parque do municipio. O Auditorio e edificio multiusos colindante converten este parque no recanto natural e de servizos máis importante do concello, unido pola ruta fluvial ao paseo do Muíño do Cura.

 

Carballeira de San Cibrán

Fermosa carballeira, situada nos montes da parroquia de San Pedro de Dimo, alberga unha ermida dedicada ao santo, médico do reuma, en honor do cal se celebra unha romaría no mes de xuño. O seu contorno alberga tamén a Rapa das Bestas do Xiabre. O contorno Outro dos máis serios potenciais de Catoira é o magnífico cadal no patrimonio etnográfico inmoble. O paseo polos bosques e a visita ás pequenas aldeas e lugares das parroquias de Abalo, Catoira, Dimo e Oeste, poderán confirmar este rico e interesante legado.

 

Miradoiro de Monte Meda

Miradoiro natural dende onde se contempla o Barbanza, a comarca do Ullá e o Salnés.

 

Miraidoiro Ruta Xacobea

Na C-550, parroquia de Abalo. Dende aquí divísase a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa e boa parte do único Vía Crucis Marítimo que existe, a Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Río Ulla, como testemuña da traslación do corpo do Apóstolo Santiago dende Jaffa a Iria Flavia.

Top

Edificio Multiusos Rúa do Concello, 1 36612, Catoira (Pontevedra)

Tf. 986 54 60 14

concello.catoira@eidolocal.es