A Deputación Provincial de Pontevedra concedeu ao Concello de Catoira unha subvención ao abeiro do Plan de obras e servizos de competencia municipal (Plan Máis Provincia) 2026-2027, Liña 2, por resolución presidencial de data 14/05/2026.
Dentro desta liña, concedeuse unha axuda por importe de 41.648,68 euros para o proxecto solicitado ao abeiro do epígrafe “Gastos derivados da programación cultural, deportiva ou social”, que estará destinada á programación cultural anual de 2026 do Concello de Catoira.


