A Deputación Provincial de Pontevedra vén de conceder ao Concello de Catoira unha subvención de 96.343,94 € ao abeiro do PLAN +PROVINCIA PARA A ACTIVACIÓN DO EMPREGO 2026 (LIÑA 3), para a realización do proxecto “BRIGADA DE OBRAS E SERVIZOS 2026”, e suporá a contratación de 9 traballadoras/es desempregadas/os, durante o ano 2026.
As subvención foi concedida pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 6 de marzo de 2026, logo de ser solicitada polo Concello de Catoira ao abeiro da devandita convocatoria, e comunicada á administración municipal o pasado día 5 de febreiro.
O proxecto, a desenvolver durante o ano 2026, deberá rematar antes do vindeiro 31 de decembro. O pagamento da citada subvención farase unha vez remitida á Deputación Provincial a documentación xustificativa na forma e prazo indicado nas Bases Reguladoras do citado Plan.



