A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra,  na súa sesión ordinaria do día 31 de outubro de 2025, outorgou Concello de Catoira a condición de entidade colaboradora do Proxecto “+ EMPREGA NOS CONCELLOS 2025” para financiar contratos formativos.

Isto supón a concesión dunha subvención de 28.800,00 euros para cofinanciar 2 contratos formativos de tituladas/os nun Ciclo superior de Formación Profesional. A través destas contratacións, o Concello de Catoira executará o proxecto “Catoira comparte saberes 2025-2026” que ten como obxectivo promover a cohesión social e a posta en valor do patrimonio inmaterial de Catoira mediante a transmisión interxeracional de saberes, prácticas e valores, recoñecendo ás persoas maiores como axentes activos da comunidade e implicando á mocidade na súa conservación e continuidade.

O proxecto iniciarase o 15 de xaneiro de 2026, e terá una duración de 12 meses. O pagamento da citada subvención farase en dúas fases, o 50% ao inicio do proxecto e o restante 50% ao final do mesmo, una vez remitida a documentación xustificativa na forma e prazo indicados nas bases reguladoras do citado proxecto.

Top