A Consellería de  Emprego, Comercio e Emigración, vén de conceder ao Concello de Catoira unha subvención, ao abeiro da Orde do 13 de agosto de 2025, pola que se convocan e se regulan as subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

O Plan de Garantía Xuvenil ten como obxectivo mellorar a cualificación das persoas mozas para que adquiran as competencias profesionais e técnicas necesarias para acceder ao mercado laboral.

A subvención concedida, por importe de 22.876,56 euros, supón a contratación de 1 Técnico en Educación Infantil, a tempo completo, para realizar labores de apoio na Escola Infantil Municipal e nos programas socioeducativos organizados polo Concello.

O proxecto iniciarase o 25/11/2025  e terá una duración de 9 meses.

 

Top