O avogado do CIM atenderá unha vez á semana (inicialmente os xoves) de 8:30 a 10:30 nas instalacións municipais.
As veciñas poderán recibir asesoramento e defensa gratuítos en casos de violencia de xénero, separación, divorcio, custodia, acoso e outros temas legais. Tamén poderá asistir e representar en procesos xudiciais e elaborar documentos.
Recoméndase solicitar cita previa á traballadora social do Concello; atención de urxencia dispoñible.
Próximamente haberá atención psicolóxica especializada e información sobre igualdade e servizos de intervención social, todo de forma confidencial.
Catoira vai incorporar tamén, dende o martes 2 de setembro o psicólogo do Centro de Información á Muller (CIM), que atenderá semanalmente de 9 a 11 h para apoiar emocional e psicoloxicamente ás mulleres usuarias.
Con esta incorporación, o CIM no municipio queda completo.
As citas para psicoloxía e para a avogada xestiónanse na Casa do concello a través do Departamento de Servizos Sociais, priorizando posibles atencións de urxencia.
O alcalde Xoán Castaño destaca que o CIM reforza os dereitos e a calidade de vida das mulleres de Catoira, tras un proceso de adhesión ao servizo que tamén abarca a Valga, Pontecesures e Moraña.
Top