🍖 XANTAR VIKINGO – 2 DE AGOSTO | 14:00 H 🍖
⚔️ Volve un dos momentos máis esperados da Romaría Vikinga: o tradicional Xantar Vikingo baixo a carpa das Torres de Oeste.
🍺 Un encontro festivo onde vikingas e vikingos comparten mesa, risas, música e boa comida no corazón da lenda.
📌 Atención! É necesario inscribirse previamente para participar.
👉 Non quedes sen sitio no festín máis nórdico do ano.

 

AVISO ENSAIOS DRAMATIZACIÓN DESEMBARCO

Xoves 17 de xullo

Dada a previsión de chuvia para este sábado 19 de xullo, infórmase de que se cancela o ensaio de dramatización do Desembarco programado. Mantense o previsto para o sábado 26 de xullo ás 11:00 horas.

As/os viquingas/os que participan no Desembarco por terra están convocadas/os o domingo 3 de agosto ás 11:00 horas diante do club de piragüismo, onde recibirán as indicacións do Ateneo Vikingo.

 

INFORMACIÓN SOBRE AS TRIPULACIÓNS DO DESEMBARCO VIKINGO E DESEMBARCO VIKINGUINHO

Mércores, 16 xullo 2025

Pode consultarse na sede electrónica a información e as listas das persoas seleccionadas para participar no Desembarco Vikingo do día 3 de agosto e no Vikinguinho do día 4.

https://catoira.sedelectronica.gal/board

PROGRAMA DA ROMARÍA VIKINGA 2025

11 de xullo 2025

Xa se pode descargar o programa completo na seguinte ligazón:

2025_Programa_Vikinga

 

INSCRICIÓN NO DESEMBARCO XERAL E NO DESEMBARCO VIKINGUINHO

1 de xullo 2025

O Concello informa de que mañá, 2 de xullo, ábrese o prazo de solicitude de inscrición como tripulación no Desembarco Vikingo, que terá lugar o domingo 3 de agosto, e no Desembarco Vikinguinho, que se levará a cabo o luns 4 de agosto.

Na sede electrónica (sección Anuncios) están dispoñibles os bandos informativos e os respectivos formularios de inscrición.

https://catoira.sedelectronica.gal/board

 

MERCADOS DA ROMARÍA VIKINGA

26 de xuño 2025

O Concello informa de que o día 30 de xuño ábrese o prazo de solicitude de postos no mercado da Romaría Vikinga.

Na sede electrónica (sección Anuncios) están dispoñibles as bases e o formulario de solicitude do Mercado Torres de Oeste.

https://catoira.sedelectronica.gal/board

 

Top