A Deputación Provincial de Pontevedra vén de conceder ao Concello de Catoira unha subvención de 93.227,87 € ao abeiro do PLAN +PROVINCIA PARA A ACTIVACIÓN DO
EMPREGO 2025 (LIÑA 3), para a realización do proxecto “BRIGADA DE OBRAS E SERVIZOS 2025”, e suporá a contratación de 8 traballadoras/es desempregadas/os, durante 8 meses (7
traballadoras/es) e 7 meses (1 traballadora/or).
A subvención foi concedida pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 21 de febreiro de 2025, logo de ser solicitada polo Concello de Catoira ao abeiro da devandita convocatoria, e comunicada á administración municipal o pasado día 25 de febreiro.
O proxecto iniciouse o pasado día 24 de abril e deberá rematar antes do vindeiro 31 de decembro.