O Concello de Catoira vai renovar este ano o firme das pistas de As Penas e Fabeira, na parroquia de Oeste. O goberno local conseguiu unha subvención da Asociación Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) que cubrirá o 100% do orzamento necesario para as actuacións, un total de 48.506 euros.

Nas Penas actuarase sobre unha lonxitude de 457 metros e na de Fabeira en 288 metros, acometendo melloras no firme e tamén actuacións de seguranza viaria, drenaxes, noiros, reforzos de cunetas e sinalización.

Top