O Concello de Catoira convida a toda a veciñanza a participar nas celebracións do Entroido 2025.
O domingo 2 de marzo terá lugar o desfile, para o que se convoca un concurso de comparsas e disfraces. Pódense consultar as bases e descargar as solicitudes de inscrición na sección “Anuncios” da sede electrónica municipal. O prazo de inscrición ábrese mañá, 12 de febreiro.