A Deputación Provincial de Pontevedra vén de conceder ao Concello de Catoira, ao abeiro do Programa + EMPREGA NOS CONCELLOS, no marco do Programa Plan de Fomento da Empregabilidade, unha subvención de 26.400,00 euros para financiar a contratación, na modalidade de contratos formativos, de 2 traballadoras, durante 12 meses, para a realización do proxecto “Catoira saudable 2024-2025”
A subvención foi concedida pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 27 de setembro de 2024 ao abeiro do citado Programa.
O proxecto iniciouse o pasado día 1 de novembro, e terá una duración de 12 meses. O pagamento da citada subvención farase en dúas fases, unha ao inicio do proxecto e outra ao final do mesmo, una vez remitida a documentación xustificativa na forma e prazo indicados nas bases reguladoras do citado proxecto.