PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS DA XUNTA DE GALICIA 2024.
➢ MODALIDADE:
TODO INCLUÍDO: estadía 10 días e 9 noites con tratamento termal e aloxamento e manutención en réxime de pensión completa. As quendas terán lugar entre o 17 de xullo e o 18 de decembro.
➢ BENEFICIARIOS/AS:
Persoas maiores de 60 anos ou maiores de 55 que reúnan a condición de pensionista da Seguridade Social, que se atopen en condicións de participar no programa e que se valen por si mesmas para as actividades básicas da vida diaria.
➢ PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 17 de xullo.
➢ PREZO: Segundo balneario escollido.
➢ INSCRICIÓN: Departamento de Servizos Sociais do Concello.