As persoas participantes recibirán orientación personalizada, formación, unha axuda de 10 euros por día de asistencia ademais de formar parte dunha bolsa de emprego.
A iniciativa, con 100 prazas dispoñibles, céntrase nos sectores de máis potencial de colocación na comarca, onde se farán prácticas en empresas.
100 PRAZAS PARA PERSOAS DEMANDANTES DE EMPREGO
O Progama lntegrado de Emprego 2023/2024, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal, está a seleccionar as persoas beneficiarias das súas accións nos concellos de Padrón, Valga, Rois, Catoira, Pontecesures e Dodro.
Este Progama está dirixido a mellorar a empregabilidade de persoas en situación de desemprego mediante a combinación das seguintes actuacións:
- Información, orientación e asesoramento laboral individualizado
- Formación para o emprego nos sectores seguintes: LOXÍSTICA E COMERCIO, SERVIZOS Á COMUNIDADE, INDUSTRIAS ALIMENTARIAS, TÉXTIL, HOSTALARÍA E TURISMO, FABRICACIÓN MECÁNICA, ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN.
- Obradoiros de coaching, de intelixencia emocional, de habilidades sociais, de entrevistas laborais e de mobilidade laboral.
- Accións de intermediación con empresas, fomento do autoemprego e o emprendemento.
- Realización de prácticas non laborais
As persoas beneficiarias do Programa terán dereito a unha bolsa de 10€ por día de asistencia ás accións que realicen nel e haberá medidas tendentes a facilitar a conciliación coa vida familiar.
O obxectivo de inserción deste Programa será do 37%
Poderán participar as persoas que se atopen en situación de desemprego e figuren de alta como demandantes nas Oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia, sempre que pertenzan a algún dos seguintes colectivos: persoas con discapacidade, persoas menores de 30 anos, persoas maiores de 45 anos, perceptores de prestacións, subsidios por desemprego ou Renda Avtiva de Inserción, mulleres, persoas desempregadas de longa duración.
INFORMACIÓN: SERVIZO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL DO CONCELLO DE CATOIRA E NOS TELÉFONOS 981 802 062 E 669 949 973.