As persoas titulares de fincas que recibiron cartas nas que se lles notificaba un requirimento para a xestión de biomasa en faixas secundarias, teñen nas oficinas do Concello á súa disposición un modelo de alegacións, que tamén pode descargarse na seguinte ligazón:

Modelo Instancia_Seaga

A instancia pode presentarse nas oficinas do Concello.

Na seguinte ligazón poden descargar os mapas das zonas de Catoira coas faixas secundarias marcadas en verde.

PLAN MUNICIPAL DE PREVENCION CATOIRA

Tamén poden consultar as fincas afectadas, e mesmo ver que superficie da parcela está afectada, no visor de faixas secundarias da Xunta de Galicia:

https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/

Na lupa que aparece na parte superior en azul, poden facer a busca por lugares de Catoira, ou ben introducir a referencia catastral na sección Catastro. Unha vez introducidos os datos deben facer facer clic na lupa gris.

Top