O Concello de Catoira e a empresa Sistemas Técnicos del Accesorio y Componentes (STAC) colaborarán para converter un fochanco nunha área recreativa pública na contorna da fábrica metalúrxica, que se vai instalar próximamente no municipio.
A zona, actualmente degradada na desembocadura do Ulla, converterase nun novo parque con xardíns e equipamento a carón da nova fábrica -a antiga nave de Cedonosa-. Sitúase nunha contorna privilexiada, con vistas ao mar e ao muíño do Cura e moi próxima á piscina municipal.
O total da superficie afectada pola actuación é de 6.393,45m2, dos cales, unha superficie de 1143,02m2 corresponde á zona de arrastre de material e unha superficie de 2017,81 m2 corresponde á zona a nivelar.