O Concello de Catoira vai contar cun stand propio na Feira das Culturas Galegas CULTURGAL, que se celebra do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, co obxectivo de divulgar a actividade cultural desenvolvida polo Concello e por persoas veciñas ou residentes en Catoira. O Goberno local quere ofrecer este espazo a todas aquelas persoas relacionadas coa cultura (literatura, música, teatro, deseño, pintura, artesanía, etc.) que desexen presentar algunha iniciativa ou participar de forma activa neste evento. Para iso deberán acudir a unha reunión que terá lugar o mércores 8 de novembro ás 20:00 horas na sala Celso Emilio Ferreiro (Edificio Multiusos).

 

Top