O alcalde de Catoira, Xoán Castaño, e o primeiro tenente de alcalde, Raúl Gómez, visitaron esta mañá as instalacións da empresa conserveira Friscos. Alí, puideron realizar unha visita guiada para coñecer o proceso produtivo e mantiveron un encontro coa directora xeral, Rosa Nieto, a quen agradecen a boa acollida e a disposición a establecer futuras colaboracións que o Concello lle trasladou, para as que seguirán mantendo un contacto regular.

Top