O martes 26, reuníronse no Concello de Catoira representantes dos catro municipios que integran o xeodestino Mar de Santiago. O alcalde, Xoán Castaño, e o concelleiro de Cultura, Raúl G. Pato, fixeron de anfitrións nun encontro ao que tamén asistiron a alcaldesa de Pontecesures, Maite Tocino, e os alcaldes de Valga, José María Bello, e de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán.
No encontro abordáronse os distintos proxectos e iniciativas que se levarán a cabo a través do xeodestino.
Entre eles fixáronse as liñas de actuación en relación ao noso concello, que levarán consigo unha partida económica procedente dos fondos Next Generation coa que realizaremos distintas actuacións para continuar situando a Catoira como destino turístico de primeiro nivel.
Top