Esta semana comezou o curso “Galegas dixitais” que se imparte na Aula CeMIT de Catoira. O alcalde, Xoán Castaño, a concelleira María Paz e o concelleiro Raúl G. Pato, acudiron onte á xornada inaugural.
A convocatoria desta acción de formación dixital para mulleres desempregadas de Catoira tivo unha gran aceptación e xa se cubriron as 30 prazas dispoñibles na quenda de tarde. O Concello e as entidades organizadores do curso están a valorar a posibilidade de organizar outra quenda polas mañás.
Ademais de recibir un título oficial acreditativo, as persoas que rematen as 120 horas de formación, recibirán un ordenador portátil de regalo. As alumnas poderán adquirir competencias dixitais básicas para o día a día, así como coñecementos para o traballo e o emprendemento.