RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

DON XOÁN XOSÉ CASTAÑO CONDE, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CATOIRA PONTEVEDRA), en uso das atribucións que me confire o artigo 21.1, f) da Lei 7/1985, de 02 da abril, Bases do Réxime Local,

Ditada Providencia de data 19/07/2023 para o inicio do procedemento de selección de 5 prazas de peóns/operarios de servizos múltiples, por circunstancias da produción, xustificadas en maiores necesidades xurdidas por un aumento das actividades que se están e se van a levar a cabo no período estival neste Concello.

Vistas as bases de selección para BASES REGULADORAS DA SELECCIÓN DE CINCO (5) POSTOS DE PEÓNS/OPERARIOS DE SERVIZOS MÚLTIPLES VINCULADOS ÁS ACTIVIDADES E PROGRAMAS DE OCIO DO PERÍODO ESTIVAL, COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL POR CIRCUNSTANCIAS DA PRODUCIÓN, elaboradas pola Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, en data 21/07/2023.
Visto o informe de Secretaría-Intervención número 17, de data 21/07/2023, ditado o Decreto de Alcaldía número 63/2023, polo que se aproban as bases e se ordena a publicación do anuncio de convocatoria, e rematado o prazo de presentación de solicitudes para a participación no proceso de selección.

Non existindo ningún aspirante excluído e de acordo co disposto nas citadas Bases,

RESOLVO:

DECRETO 2023-0182 [decreto aprobación LISTA DEFINITIVA operarios]

Top