A Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, concedeu, ao abeiro da Orde do 21 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable, e se procede á súa convocatoria para os anos 2023 e 2024, unha axuda por importe total de 48.589,32 €, para as actuacións de que detallan a continuación:

 

Liña Descrición da actuación Orzamento da actuación Axuda concedida 2023 Axuda concedida 2024
Liña I Acondicionamento interior de pavillón 48.236,65 € 22.698,24 € 15.891,08 €
Liña II Equipamento para o club de piragüismo 12.765,00 € 5.882,00 € 4.118,00 €

 

A subvención foi concedida por Resolución do Vicepresidente primeiro e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e notificada a este concello con data do 19 de xullo de 2023.

Catoira, na data da sinatura electrónica.

O ALCALDE-PRESIDENTE

Asdo. Xoán Xosé Castaño Conde.

ANUNCIO PUBLICIDADE DA SUBVENCIÓN DEPORTES (7-2023)

Top