A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, concedeu, ao abeiro da Resolución do 28 de febreiro de 2023, para a concesión en réxime de concorrencia non competitiva, mediante resolución, correspondentes ao Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, unha axuda por importe de 38.633,06 €, para a obra “MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS, FASE VI”, que ten un orzamento de 46.746,00 €.
A subvención foi concedida por Resolución da Directora Xeral de AGADER de 17de xullo de 2023, e comunicada á administración municipal con data do 18 de xullo de 2023.
Catoira, na data da sinatura electrónica.
O ALCALDE-PRESIDENTE
Asdo. Xoán Xosé Castaño Conde.