Expte. número 182/2023. SELECCIÓN DE PERSOAL DE LIMPEZA VINCULADO ÁS ACTIVIDADES E PROGRAMAS DE OCIO DO PERÍODO ESTIVAL
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
DON XOÁN XOSÉ CASTAÑO CONDE, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CATOIRA (PONTEVEDRA), en uso das atribucións que me confire o artigo 21.1, f) da Lei 7/1985, de 02 da abril, Bases do Réxime Local, Ditada Providencia de data 18/07/2023 para o inicio do procedemento de selección de 1 praza de persoal de limpeza, xustificada na necesidade xurdida por un aumento das actividades que se están e se van a levar a cabo no período estival neste Concello.
Vistas as bases de selección para BASES REGULADORAS DA SELECCIÓN DE UN (1) POSTO DE PERSOAL DE LIMPEZA VINCULADO ÁS ACTIVIDADES E PROGRAMAS DE OCIO DO PERÍODO ESTIVAL, COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL POR CIRCUNSTANCIAS DA PRODUCIÓN, elaboradas pola Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, en data 19/07/2023.
Visto o informe de Secretaría-Intervención número 10, de data 19/07/2023, ditado o Decreto de Alcaldía número 156/2023, polo que se aproban as bases e se ordena a publicación do anuncio de convocatoria, e rematado o prazo de presentación de solicitudes para a participación no proceso de selección.
Non existindo ningún aspirante excluído, e de acordo co disposto nas citadas bases, RESOLVO: