ANUNCIO
CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL VINCULADO ÁS ACTIVIDADES E PROGRAMAS DE OCIO DO PERÍODO ESTIVAL.
POSTO OFERTADO: 5 PEÓNS/OPERARIOS DE SERVIZOS MÚLTIPLES
DURACIÓN DO CONTRATO: 1 MES
XORNADA LABORAL: XORNADA COMPLETA (40 HORAS SEMANAIS), DISTRIBUÍDOS DE LÚNS A
SÁBADO SEGÚN NECESIDADES DO SERVIZO.
TITULACIÓN ESIXIDA: graduado en ESO, Graduado Escolar ou equivalente – CELGA 1 do idioma galego (quen non poida acreditalo deberá realizar unha proba eliminatoria) – Carné de conducir B e dispoñer de vehículo propio.
SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso de méritos (valorarase a experiencia profesional, a formación en materias relacionadas co posto e carnés profesionais). As BASES da convocatoria están dispoñibles na Sede Electrónica e no Taboleiro de Anuncios do Concello.
FORMA DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello, na Sede electrónica (https://catoira.sedeelectronica.gal) ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 3 DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación deste Anuncio e das Bases da convocatoria na Sede Electrónica e no Taboleiro de Anuncios do Concello (DO LUNS 24 AO MÉRCORES 26 DE XULLO).
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Instancia solicitando participar na selección (publicada como ANEXO I das Bases)
- Copia do DNI
- Copia da titulación esixida (certificado de escolaridade ou equivalente)
- Copia do permiso de conducir B
- De ser o caso certificado de discapacidade ou certificación compatible
- Copia compulsada do título CELGA 1 de idioma galego ou equivalente
- Experiencia profesional: acreditarase cunha Vida Laboral actualizada e copia dos contratos de traballo.
- Copia dos carnés de conducir, carnés profesionais e títulos dos cursos realizados relacionados co posto de traballo (deberán especificar as datas de realización e as horas de duración).
INFORMACIÓN: Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello