ANUNCIO
CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL VINCULADO ÁS ACTIVIDADES E PROGRAMAS DE OCIO DO PERÍODO ESTIVAL.
POSTO OFERTADO: 1 TRABALLADOR/A PARA O SERVIZO DE LIMPEZA
XORNADA LABORAL: XORNADA COMPLETA (40 HORAS SEMANAIS), DE LÚNS A SÁBADO.
HORARIO DE TRABALLO: De luns a venres: de 8,00 a 12,00 e de 16,00 a 19,00 h. Sábados: de 8,00 a 13,00 h.
TITULACIÓN ESIXIDA: Certificado de escolaridade ou equivalente, CELGA 1 do idioma galego (quen non poida acreditalo deberá realizar unha proba eliminatoria) e Carnet de conducir B e dispoñer de vehículo propio.
SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso de méritos (valorarase a experiencia profesional e a formación en materias relacionadas co posto). As BASES da convocatoria están dispoñibles na Sede Electrónica e no Taboleiro de Anuncios do Concello.
FORMA DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello, na Sede electrónica (https://catoira.sedeelectronica.gal) ou nalgún dos lugares previstos.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 3 DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación deste Anuncio e das Bases da convocatoria na Sede Electrónica e no Taboleiro de Anuncios do Concello (DO XOVES 20 AO LÚNS 24 DE XULLO).
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Instancia solicitando participar na selección (publicada como ANEXO I das Bases)
- Copia do DNI
- Copia da titulación esixida (certificado de escolaridade ou equivalente)
- Copia do permiso de conducir B
- De ser o caso certificado de discapacidade ou certificación compatible
- Copia compulsada do título CELGA 1 de idioma galego ou equivalente
- Experiencia profesional: acreditarase cunha Vida Laboral actualizada e copia dos contratos de traballo.
- Copia dos títulos dos cursos realizados relacionados co posto de traballo (deberán especificar as datas de realización e as horas de duración).
INFORMACIÓN: Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello