BANDO

XOÁN XOSÉ CASTAÑO CONDE, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CATOIRA (PONTEVEDRA)

FAI SABER:

Que está aberto o prazo de solicitude de, BONO CONCILIA FAMILIA

Concesión de axudas ás familias con crianzas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para a atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares, que teñan lugar entre o 1 de xaneiro e o 8 de setembro de 2023.

REQUISITOS:

– Que a crianza sexa menor de trece anos no momento en que se produce o suposto para o cal se solicita a axuda.

– Que ambos os pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, familias monoparentais ou nais/pais con custodia non compartida estean efectivamente traballando, tanto no suposto de solicitudes por enfermidade ou accidente da crianza como por necesidades en períodos de vacacións escolares.

Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo en que esta se exerza efectivamente e, nestes casos, cada nai/pai deberá presentar unha solicitude individual.

IMPORTE MÁXIMO DAS AXUDAS:

Ata 500€ para contratación dunha empregada do fogar ou servizos de atención á infancia no domicilio.

Ata 200€ para asistencia a servizos de conciliación, campamentos ou outros recursos de conciliación organizados para os períodos de vacacións escolares.

PRAZO: ATA 15 DE SETEMBRO.

INFORMACIÓN: Departamento de Servizos Sociais do Concello.

Catoira, 18 de xullo de 2023
O ALCALDE-PRESIDENTE

BANDO BONO CONCILIA FAMILIA

Top