BANDO
XOÁN XOSÉ CASTAÑO CONDE, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CATOIRA (PONTEVEDRA),
FAI SABER:
Que segue aberto o servizo de:
BOLSA DE EMPREGO
FINALIDADE: mediar entre as persoas desempregadas, ou na procura de mellora de emprego e as empresas e particulares que soliciten traballadoras/es.
EMPRESAS E/OU PARTICULARES na procura de traballadores/as poidan facernos chegar as súas ofertas de emprego co fin de difundilas e facilitarlles o contacto con aquelas/es candidatas/os inscritos na Bolsa de Emprego co perfil solicitado.
PERSOAS DESEMPREGADAS OU NA PROCURA DE MELLORA DE EMPREGO poden inscribirse na Bolsa de Emprego no Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello.
Catoira, 14 de Xullo de 2023
O ALCALDE-PRESIDENTE