ANUNCIO – CORRECCIÓN DE ERROS

Durante os meses de xullo e agosto, o Concello de Catoira vai realizar o proxecto denominado “CONCILIA VERÁN 2023”, para o que cumpre a contratación de persoal con algunha destas titulacións:

– Técnica/o Superior en Educación Infantil.
– Técnica/o Superior en Animación Sociocultural e Turística.
– Técnica/o Superior en Ensino e Animación Sociodeportiva.
– Técnica/o Superior en Integración Social.
– Monitoras/es de lecer e tempo libre.
– Auxiliar de Educación Infantil ou de Xardín de Infancia.

O proceso de selección consistirá na valoración dos méritos acreditados polas persoas que solicitan participar no mesmo, segundo os criterios expostos no Taboleiro de Anuncios e na Sede Electrónica do Concello.

Tódalas persoas interesadas en optar a algún destes postos deberán presentar unha instancia dirixida ao alcalde, solicitando a súa participación no proceso de selección, acompañando copia de tódolos méritos a valorar nas oficinas do Concello ou a través da sede electrónica.

Aquelas persoas que xa estean inscritas na Bolsa de Emprego do Concello con algún dos perfís profesionais solicitados, abonda con que presenten a instancia solicitando a súa participación.

O prazo de presentación de solicitudes remata o MARTES, 27 DE XUÑO.

Para máis información poden dirixirse ao Departamento de Emprego do Concello.

O alcalde

CORRECCIÓN DE ERROS

CRITERIOS DE SELECCIÓN CANDIDATOS PARA O PROGRAMA “CONCILIA VERÁN 2023”

O proceso de selección consistirá na valoración dos méritos acreditados polas persoas que así o soliciten:

a) Por posuír unha titulación académica oficial distinta e relacionada co posto de traballo que se vai desempeñar, de nivel igual ou superior á esixida para a formalización do contrato formativo: 0,50 puntos por título, ata un máximo de 1 punto (neste apartado non se terán en conta as titulacións de nivel inferior que sexan necesarias para a obtención doutras de nivel superior).

b) Por asistir a cursos de especialización, formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, da comunidade autónoma ou da Administración local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública directamente relacionados co posto que se vai desempeñar (incluídos os organizados por sindicatos no marco do Acordo nacional de formación continua): ata un máximo de 3 puntos, que se computarán do seguinte xeito:

  • De máis de 150 horas duración: 0,30 puntos por curso
  • De entre 100 e 150 horas de duración: 0,25 puntos por curso
  • De entre 60 e 99 horas de duración: 0,20 puntos por curso
  • De entre 30 e 59 horas de duración: 0,15 puntos por curso
  • De entre 10 e 29 horas de duración: 0,10 puntos por curso
  • Por acreditar o nivel de coñecemento da lingua galega co Celga 3 nos postos de ciclo superior ou medio ou 4 nos de licenciatura, grao ou diplomatura: 0,50 puntos

Non se terán en conta os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración do curso en número de horas ou créditos. Tampouco se computarán as xornadas, congresos, seminarios ou cursos de duración inferior a dez horas.

c) Experiencia profesional:

– Servizos prestados nas distintas Administracións Públicas como Técnica/o en Actividades Socioculturais; Monitoras/es d lecer e tempo libre; Técnica/o Superior en Animación Sociodeportiva (TAFAD); Educación Infantil e Auxiliares de Gardería e Xardín de infancia: 0,33 por mes traballado (meses completos), ata un máximo de 5 puntos.

– Servizos prestados en centros privados como Técnica/o en Actividades Socioculturais; Monitoras/es d lecer e tempo libre; Técnica/o Superior en Animación Sociodeportiva (TAFAD); Educación Infantil e Auxiliares de Gardería e Xardín de infancia: 0,05 por mes traballado (meses completos), ata un máximo de 4 puntos.

Nesta fase só se terán en conta os méritos que se xustifiquen documentalmente no día e na hora que sinale o concello.

As puntuacións outorgadas publicaranse na sede electrónica e no Taboleiro de Anuncios do concello xunto coa relación de candidaturas seleccionadas por orde decrecente para cada posto de traballo ofertado, e indicaranse as persoas candidatas seleccionadas e as correspondentes suplentes.

CORRECCIÓN CRITERIOS CONCILIA VERAN 2023

Top