O alcalde de Catoira, Alberto García, procede á licitación da actuación financiada a través do Fondo de Cooperación Local 2023.

O proxecto permitirá a renovación da cuberta do Edificio Municipal de Deportes Naúticos. O acondicionamento da envolvente térmica da sede do Club de Piragüismo “As Torres-Romaría Vikinga” permitirá mellorar e corrixir as características da edificación actual, mellorando a súa eficiencia enerxética e eliminando as condensacións e filtracións de auga que se rexistran, especialmente, no ximnasio. Ademais, contémplase crear unha azotea transitable.

O orzamento obxecto de licitación ascende a 132.686,79 euros, financiado integramente polo Fondo de Cooperación Local 2023.

Top