A Deputación Provincial de Pontevedra ven de conceder ao Concello de Catoira, ao abeiro do Proxecto PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2023/2024 no marco do Programa Plan de Fomento da Empregabilidade, una subvención de 31.200,00 euros (14.300,00 euros para a anualidade 2023 e 16.900,00 euros para a anualidade 2024) para a realización do proxecto “Equipo de servizos socioeducativos 2023-2024”, que suporá a contratación de 2 mozas/os (1 diplomada/o universitaria/o e 1 ciclo superior de formación profesional).

A subvención foi concedida pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 2 de xuño de 2023 ao abeiro do citado Proxecto, e comunicada á administración municipal o pasado día 5 de xuño.

O proxecto iniciarase o 15 de xullo de 2023 e terá una duración de 12 meses. O pagamento da citada subvención farase en dúas fases, unha ao inicio do proxecto e outra ao final do mesmo, una vez remitida a documentación xustificativa na forma e prazo indicados nas bases reguladoras do citado proxecto.

O ALCALDE-PRESIDENTE

ANUNCIO SUBVENCIÓN

Top