O día 1 de xuño ábrese o prazo para solicitar postos no mercado da Romaría Vikinga. O mercado medieval estará aberto os días 5 e 6 de agosto no recinto das Torres de Oeste, coincidindo coas xornadas do Xantar Vikingo e Desembarco Vikingo, respectivamente.

As persoas interesadas poden consultar as bases e descargar o formulario de solicitude no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello: https://catoira.sedelectronica.gal/

 

Top