Na alameda do Concello actuarán:

– Ás 19:00h Rudi Dudi co seu espectáculo “Clownamorado”
– Ás 20:30 h Concerto de TOR – Folk céltico da Galiza

“Clownnamorado” de Rudi Dudi:

Sobe o pano, comeza a función. Pero nada máis arrincar, o clown namórase tolamente dunha persoa do público. O seu corazón vai a mil, ponse tímido e nervioso e perde a concentración. O show cambalea e todo sae do revés, canto máis intenta impresionar ao/a seu/súa namorado/a, máis aumenta o caos. Ata que un tropezo lévao a un xogo inesperado que o arma coa suficiente valentía para dar o salto ao baleiro e declararse coa axuda imprescindible do público… Levará un pau? Ou xurdirá o amor? Unha comedia xestual e interactiva para toda a familia.

TOR – Folk céltico da Galiza:

O repertorio do grupo componse de popurrís ou sets de temas instrumentais orixinais tomados da tradición galega, con especial atención aos gaiteiros e músicos do interior. A principal fonte é o traballo de campo do Arquivo Castro Vicente (Cástor e Félix Castro), e os seus fondos documentais e sonoros, centrados sobre todo na frauta de madeira e acordeón diatónico, así como en estilos de toque de gaita de comarcas pouco coñecidas como A Limia, Frieiras, e Navia entre outras.
Ademais incorporan temas ibéricos das tradicións musicais portuguesa, vasca ou castelá.

 

PROGRAMA ROMARÍA VIKINGA 2023

Top