O venres 12 de maio, ás 12 horas, inaugúrase na sala Luis Seoane do Edificio Multiusos de Catoira a mostra de fotografía “Exponatureza”, do vilagarcián Ramón Encisa.

A exposición recolle unha parte do extenso e moi valioso traballo de documentación fotográfica da flora e fauna que nos rodean, levado a cabo por Encisa durante máis de catro décadas. A través da súa mirada poderemos observar aves, bolboretas, orquídeas e fungos de boa parte da xeografía galega. Con esta mostra, o Concello de Catoira e Ramón Encisa pretenden dar a coñecer estas especies, sobre todo entre a poboación máis nova, e animar á cidadanía a manter un maior contacto, de forma respectuosa, coa natureza.

“Fotonatureza” poderá visitarse ata o 2 de xuño.

Top