A Aula CeMIT incorporou diverso material novo consistente en:
- 2 impresoras 3D*, xunto cun pequeno kit de consumibles con 2 bobinas.
- 1 kit de robótica, composto por 6 robots educativos e equipo de 6 kits de construcción.
- 5 unidades de drons.
- 2 unidades de gafas de realidade virtual e 2 controladores.
- 1 Kit de placas de comunicación e programación, composto por 4 placas tipo Arduino e 2 raspberry Pi 4 Model Quad-core 64 bits.
*Nota: unha das impresoras 3D será unha unidade rotatoria e a localización na aula CeMIT terá carácter temporal.
En vindeiras datas anovaranse tamén os equipos informáticos existentes.