A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CONCEDE UNHA SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE CATOIRA
A Deputación Provincial de Pontevedra, concedeu ao Concello de Catoira, ao abeiro das bases reguladoras e convocatoria do “PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2022-23”, liña 2, unha subvención por importe de 9.075,00 €, con destino ao financiamento da actuación denominada “ELABORACIÓN E PUBLICACIÓN DUNHA OBRA DE CARÁCTER MONOGRÁFICO SOBRE A CATOIRA ROMANA”.
A subvención foi concedida mediante Resolución da Presidencia da Deputación Provincial, con data do 9 de febreiro de 2023, e comunicada á administración municipal con data do 10 de febreiro de 2023.
Catoira, 28 de marzo de 2023.
O ALCALDE-PRESIDENTE
Asdo. Alberto García García.
ANUNCIO PUBLICIDADE DA SUBVENCIÓN DEPUTACION PLAN CONCELLOS – MONOGRAFICO 22-23