O mércores e xoves desta semana, celebrouse na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) o segundo encontro de xestores de itinerarios culturais do Consello de Europa en España, centrado no “Desenvolvemento local, participación cidadá e preservación do patrimonio cultural”.

Na reunión participaron representantes de entidades xestoras de diferentes itinerarios culturais nos que ten presenza España, así como outros profesionais vinculados coa materia, promovendo así a interacción e a colaboración entre axentes implicados.

Dentro do programa do Encontro, o Concello de Catoira ofreceu unha visita técnica aos participantes. Desta maneira, o alcalde, Alberto García, acompañou a unha delegación formada por 30 persoas, que visitou onte pola tarde o Centro de Activación Cultural Torres de Oeste (CACTO). As adversas condicións meteorolóxicas obrigaron a cancelar unha travesía a bordo de dous drakkars desde Pontecesures ata Catoira, que estaba prevista inicialmente.

Top