A Deputación Provincial de Pontevedra, ven de conceder ao Concello de Catoira, ao abeiro das bases reguladoras e convocatoria do “PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS 2022-2023)”, liña 1, unha subvención de 20.089,00 €, con destino ao financiamento da actuación denominada “ACONDICIONAMENTO DE PATIOS DE ESCOLAS INFANTÍS”, cun orzamento total polo mesmo importe.
A subvención foi concedida mediante Resolución da Presidencia da Deputación Provincial, con data do 17 de novembro de 2022, e comunicada á administración municipal nesa mesma data.
Catoira, 6 de marzo de 2023.
ANUNCIO PUBLICIDADE DA SUBVENCIÓN DEPUTACION PLAN CONCELLOS – PATIOS