BANDO
DON ALBERTO GARCÍA GARCÍA, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CATOIRA (PONTEVEDRA) INFORMA:
Que está aberto o prazo de solicitude para AXUDAS AO ALUGUEIRO DOPLAN ESTATAL DE VIVENDA 2022-2025.
REQUISITOS:
Ser maior de idade e titular dun contrato de alugamento cunha duración mínima dun ano.
Que a vivenda alugada sexa residencia habitual.
Estar empadroado na vivenda no momento de presentar a solicitude.
Que a renda mensual non supere o importe máximo establecido por municipio (400€/mes no caso das vivendas sitas no concello de Catoira).
Que os ingresos da unidade de convivencia estean comprendidos entre 0,5 e 3 veces o I.P.R.E.M. (entre 300,00 € – 1.800,00 € ao mes).
CONTÍA DAS AXUDAS: O 50% do importe do aluguer, por un prazo máximo de 5 anos.
INFORMACIÓN: no Departamento de Servizos Sociais do Concello.
PRAZO: Ata o 5 de maio de 2023.
Catoira, 16 de xaneiro de 2023
O ALCALDE-PRESIDENTE
Top