Alberto García García, alcalde-presidente do Concello de Catoira (Pontevedra) informa que se convocan as bases para participar no entroido 2023
COMPARSAS:
- REQUISITOS: As comparsas deberán estar integradas por un mínimo de 15 persoas, representadas por unha persoa maior de idade. Deberán representar a idea central do seu disfrace na Festa de Disfraces que terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes despois do desfile polas rúas do municipio o domingo 19 de febreiro.
- INCENTIVO: Establécese un incentivo de 200 euros para as dez primeiras comparsas que se inscriban e participen no desfile. O Concello resérvase o dereito a non outorgar o incentivo a aquelas comparsas que non reúnan un mínimo de calidade.
- INSCRICIÓN: O formulario de inscrición deberá presentarse no Rexistro do Concello, presencialmente ou a través da sede electrónica, dende o 23 de xaneiro ao 15 de febreiro de 2023, ambos incluídos. O documento poderá descargarse da sede electrónica (sección Anuncios) e presentalo a través dunha instancia xenérica.
DESFILE DE DISFRACES INFANTIL:
Haberá obsequios para os rapaces/zas que acudan disfrazados/as e participen no desfile que se celebrará no Pavillón Municipal de Deportes (ata fin de existencias).
CONVOCATORIA:
Tódolos/as participantes deberán concentrarse na Alameda do Concello ás 17:30 horas do domingo 19 de febreiro. O desfile de comparsas e disfraces partirá deste punto e irá pola Rúa da Estación e Paseo das Lombas ata rematar no Pavillón Municipal de Deportes. En caso de chuvia o desfile comezará no Pavillón ás 18:00 horas.
Catoira, 13 de xaneiro de 2023
O ALCALDE-PRESIDENTE