O mércores 14 de decembro a partir das 11 da mañá terá lugar na sala Celso Emilio Ferreiro do edificio multiusos do Concello de Catoira unha charla na que se informará á cidadanía sobre os servizos que presta a Delegación do Goberno en Galicia e a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, para fomentar e axudar aos asistentes ao uso das ferramentas electrónicas dispoñibles. En concreto, informarase, entre outros aspectos, das vantaxes do Cartafol Cidadán, e facilitarase a obtención in situ dos medios de identificación e firma dixital que permite o acceso aos servizos públicos sen desprazamentos (Clave).