EDICTO
DON ALBERTO GARCÍA GARCÍA, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CATOIRA (PONTEVEDRA).
INFORMA:
1º.- Que por renuncia do titular nun caso, e vencemento do prazo para o que foi nomeado, noutro, a Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia comunicou a esta Alcaldía que debe iniciarse, de novo, o procedemento para elixir Xuíz de Paz Titular de Catoira, e Xuíz de Paz Substituto de Catoira conforme ao disposto nos artigos 101 e seguintes da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial.
2º.- Por isto, ábrese un prazo de DEZ (10) DÍAS hábiles, a contar desde o día seguinte á data deste Edicto, que se colocará no taboleiro de anuncios do Concello e das parroquias, para que as persoas interesadas e que reúnan as condicións legais esixibles, poidan presentar nas oficinas municipais a súa solicitude.
3º.- Rematado o prazo fixado, o Pleno do Concello elixirá ao Xuíz de Paz Titular e ao Xuíz de Paz Substituto, entre as persoas solicitantes, ou de xeito libremente se non se presentara ninguén.
Catoira, 16 de novembro de 2022.
O ALCALDE-PRESIDENTE.- Asdo. Alberto García García.