O Concello de Catoira está concienciado sobre a necesidade de recuperar os espazos peonís dentro do espazo público, facilitar os desprazamentos non motorizados, e a creación de itinerarios peonís seguros, accesibles e agradables que conecten os centros de actividade máis importantes do Concello.

O presente proxecto contempla as actuacións necesarias para reordenar e acondicionar o espazo público existente fronte ao Concello, xerando unha nova praza para uso e goce das persoas, restrinxindo o acceso ao tráfico rodado soamente persoas de mobilidade reducida e servizos puntuais de carga e descarga. Para iso contémplase unha renovación total dos pavimentos e de servizos como a iluminación, así como a plantación de novo arboredo e a instalación de novo mobiliario urbano. A actuación comprende unha superficie de 2.280m2.

O proxecto foi analizado polo alcalde Alberto García e o deputado Gregorio Agís, na súa visita ao Concello do pasado mércores 24 de agosto. O orzamento base de licitación (con IVE) é de 612.515,26€

Top