NOMEAMENTO DAS/OS INTEGRANTES DO TRIBUNAL CUALIFICADOR DAS/OS CANDIDATOS PARA A PROVISIÓN DE UN POSTO DE TÉCNICA/O SUPERIOR EN EDUCACIÓN INFANTIL E UN POSTO DE TÉCNICA/O SUPERIOR EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E TURÍSTICA AO ABEIRO DO PROGRAMA SUBVENCIONADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA “PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL” NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2022/2023,
Por Resolución da Alcaldía de data 08/06/2022 resolveuse nomear aos integrantes do Tribunal cualificador dos candidatos a contratar na modalidade de contrato formativo ao abeiro do Programa, subvencionado pola Deputación Provincial de Pontevedra “Primeira Experiencia Profesional” nos concellos da provincia de Pontevedra 2022/2023, que son os seguintes:
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
VISTO o Outorgamento da condición de entidades colaboradoras do proxecto PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL nos concellos da provincia de Pontevedra2022/2023 así como as Bases que rexen o citado programa,
RESOLVO:
1.- Nomear como integrantes do tribunal cualificador que valorará os méritos acreditados e verificará que as persoas candidatas remitidas pola Oficina de Emprego de Vilagarcía de Arousa, tras a tramitación das ofertas de emprego correspondentes, cumpren todos os requisitos establecidos nas Bases do citado programa para cubrir os postos de Técnico/a Superior en Educación Infantil e Técnico/a Superior en Animación Sociocultural e Turística, para a execución do Proxecto “Equipo de servizos socioeducativos 2022/23”, a:
PRESIDENTE
Titular: Mª José Pardal Castiñeiras, Traballadora Social. Suplente: Ramón Bouzas Castaño, Administrativo
1º VOGAL
Titular: Paula García Pérez, Educadora Familiar. Suplente: Mª Estefanía Pérez Longo, Administrativa
2º VOGAL
Titular: Mª Elisa Castiñeiras Isorna, A.E.D.L. do Concello. Suplente: Mª Dolores Ferreirós Loureiro, Administrativa
O 2º Vogal realizará as funcións de Secretario/a do Tribunal.
A valoración dos méritos dos/as candidatos/as realizarase en base aos criterios de selección das persoas beneficiarias da subvención publicadas como Anexo III das citadas Bases.
2º.- Convocar ao tribunal cualificador para o lúns, 13 de xuño, ás 11,00 horas na Sala de Xuntas do Concello de Catoira.”””
O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos previstos na lexislación vixente.

ANUNCIO TRIBUNAL

Top