A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra na súa sesión ordinaria do día 27 de maio de 2022 adoptou o acordo de outorgar ao Concello de Catoira a condición de entidade colaboradora do Proxecto “PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL” NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2022-2023, para a realización da actuación denominada “Equipo de Servizos socieducativos 2022-23”.
Para a realización deste proxecto cumpre a contratación (modalidade de contrato formativo) de dúas/dous traballadoras/es coas seguintes titulacións:
- 1 Técnico Superior en Educación Infantil (Ciclo superior de Formación Profesional)
- 1 Técnico Superior en Animación Sociocultural (Ciclo Superior de Formación Profesional)
Os contratos formativos poderán concertarse con aquelas persoas que reúnan os seguintes REQUISITOS:
a) Que estean en posesión dunha titulación universitaria ou título de grado medio ou superior de formación profesional ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, de acordo coas leis reguladoras do sistema educativo vixente, que habiliten para o exercicio profesional.
b) Que estean inscritos como demandantes ou en mellora de emprego no Servizo Público de Emprego.
c) Estar empadroados nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra con anterioridade á data de publicación da propia convocatoria no BOPPO.
d) Que no momento da contratación non transcorresen máis de tres anos, ou máis de cinco cando o contrato se realice cunha persoa con discapacidade, desde a terminación dos correspondentes estudos.
e) Que non obtivera experiencia profesional ou realizado actividade formativa na mesma actividade dentro da entidade por un tempo superior a tres meses, sen que se computen a estes efectos os períodos de formación ou prácticas que formen parte do currículo esixido para a obtención da titulación que habilita esta contratación.
f) Que non estean contratadas ou contratados en prácticas no momento da selección nalgún dos programas que contemplen contratos en prácticas ou formativos da Deputación de Pontevedra.
g) Non haber estado contratada na mesma ou distinta entidade en virtude da mesma titulación.
Tampouco na mesma entidade para o mesmo ou distinto posto aínda que se trate de titulacións distintas.
CRITERIOS DE SELECCIÓN:
O proceso de selección consistirá na valoración dos méritos acreditados polas persoas preseleccionadas polo Servizo Público de Emprego, e levarase a cabo conforme aos seguintes criterios:
a) Expediente académico: ata un máximo de 4,00 puntos, segundo a nota media calculada para as titulacións universitarias polo Real decreto 1125/2003, de 5 de setembro, e para os ciclos de formación profesional polo Real decreto 1147/2011, de 29 de xullo. No caso de que a media dalgunha das titulacións convocadas non fose calculada polas normas referidas ou esta non se
especifique valorarase con 0,00 puntos.
b) Por ter un doutoramento relacionado co contido do posto: 2,00 puntos.
c) Por cada título oficial de máster universitario ou título propio da universidade de máster relacionado co contido do posto: 0,50 puntos cada un, ata un máximo de 1 punto.
d) Por posuír unha titulación académica oficial distinta e relacionada co posto de traballo que se vai desempeñar, de nivel igual ou superior á esixida para a formalización do contrato formativo: 0,50 puntos por título, ata un máximo de 1 punto (neste apartado non se terán en conta as titulacións de nivel inferior que sexan necesarias para a obtención doutras de nivel superior nin as de máster ou doutoramento).
e) Por asistir a cursos de especialización, formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, da comunidade autónoma ou da Administración local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública directamente relacionados co posto que se vai desempeñar (incluídos os organizados por sindicatos no marco do Acordo nacional de formación continua): ata un máximo de 2 puntos, que se computarán do seguinte xeito:
- De máis de 150 horas duración: 0,30 puntos por curso
- De entre 100 e 150 horas de duración: 0,25 puntos por curso
- De entre 60 e 99 horas de duración: 0,20 puntos por curso
- De entre 30 e 59 horas de duración: 0,15 puntos por curso
- De entre 10 e 29 horas de duración: 0,10 puntos por curso
- Por acreditar o nivel de coñecemento da lingua galega co Celga 3 nos postos de ciclo superior ou medio ou 4 nos de licenciatura, grao ou diplomatura: 0,50 puntos
Non se terán en conta os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración do curso en número de horas ou créditos.
Tampouco se computarán as xornadas, congresos, seminarios ou cursos de duración inferior a dez horas.
O tribunal cualificador poderá requirirlles ás persoas aspirantes que acrediten a verificación dos extremos recollidos na documentación presentada, ademais de cantas precisións estimen oportunas.
As persoas candidatas que accedan con titulacións de Licenciatura, Arquitectura ou Enxeñería (títulos pre-Boloña) que teñan un certificado da súa correspondencia co nivel 3 MECES (Marco español de cualificación para a educación superior) terán unha puntuación de 0,50 puntos, equivalente a un máster universitario.
O enlace á web do Ministerio onde se publica o catálogo de titulacións homologadas ao nivel de máster é o seguinte:
Nesta fase só se terán en conta os méritos que se xustifiquen documentalmente no día e na hora que sinale o concello.
No caso de empate entre as puntuacións das persoas aspirantes a orde de prelación determinarase dándolle preferencia á muller naqueles casos en que se produza unha infrarrepresentación do sexo feminino, nos termos establecidos no artigo 49 do Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. No caso de que o citado precepto non resulte aplicable ou persista o empate tras a súa aplicación, resolverase o empate en función da nota media global do expediente académico e, de persistir este, pola puntuación acadada nos seguintes apartados.
As puntuacións outorgadas publicaranse na sede electrónica ou páxina web do concello xunto coa relación de candidaturas seleccionadas por orde decrecente para cada posto de traballo ofertado, e indicaranse as persoas candidatas seleccionadas e as correspondentes suplentes.
As persoas candidatas poderán formular, ante o tribunal cualificador, as alegacións que estimen oportunas no prazo de dous días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación na sede electrónica ou páxina web.
Examinadas as alegacións presentadas, o tribunal cualificador publicará a relación definitiva de persoas candidatas, por orde de maior a menor puntuación, coa correspondente proposta de contratación baixo a modalidade de contrato formativo, para cada posto de traballo ofertado.
Catoira, 31 de Maio de 2022
O Alcalde
ANUNCIO 1º EXPERIENCIA PROFESIONAL