Está aberto o prazo de inscrición para actividades de verán para rapazas/es do concello.
Haberá dúas modalidades:
• actividades lúdico-educativas : de 3 – 10 anos.
• actividades deportivas: de 6 – 14 anos.
Destinatarios/as: nenas/os empadroadas/os neste concello que teñan entre 3-14 anos* de idade.
Horario normal: de luns a venres de 10: 00 a 13: 00 h.
Horario ampliado: de luns a venres de 09: 00 a 14: 00 h.
Lugar: colexio público e pavillón polideportivo municipal.
Prezos :
• horario normal: 15 euros/mes.
• horario ampliado: 25 euros/mes.
Prazo: do 1- 24 de xuño de 2022.
Inscrición: departamento de servizos sociais do concello.
*con tres anos só se admitirán nenas/os que estiveron escolarizadas/os no c.p.i. no curso escolar 2021/22.
Top