O pasado sábado Catoira acolleu unha xeira organizada polo colectivo vilagarcián Mesa das Verbas dedicada ao poeta catoirense Baldomero Isorna Casal.
A xornada comezou pola mañá no recinto das Torres de Oeste. Na Capela de Santiago recitaron algúns poemas e lembraron a figura de Faustino Rey Romero, tamén poeta, que xunto a Baldomero Isorna -ambos membros do Ateneo do Ullán- foron os impulsores da celebración da Romaría Vikinga. A continuación fixeron unha visita guiada ao Centro de Activación Cultural Torres de Oeste. Pola tarde, o alcalde, Alberto García, presentou o recital que tivo lugar na Sala Celso Emilio Ferreiro. O rianxeiro Xesús Santos foi o encargado de realizar unha semblanza do poeta catoirés.
Ademais dalgúns poemas de Campanas de palo e Voz en blanco, as dúas publicacións de Isorna, tamén se recitaron composicións dalgúns membros da Mesa.
Top