Información sobre a posta en marcha na Dirección Xeral do Catastro do novo servizo de atención por videoconferencia “Catastro Directo ( CADI)”:
Este servizo estará dispoñible nos servizos de atención ao cidadán de todas as Xerencias do Catastro e permitirá que os cidadáns sexan atendidos por videoconferencia polo persoal funcionario da Xerencia, aforrando desta forma desprazamentos innecesarios ás nosas oficinas.
Esta nova canle é especialmente útil para a atención aos cidadáns no ámbito catastral xa que permite, a diferenza da atención telefónica, mostrar ao cidadán a descrición gráfica das súas parcelas na Sede electrónica do Catastro sen necesidade de que estes se despracen presencialmente ás Xerencias do Catastro.
A data prevista para o inicio do proxecto é o 14 de marzo de 2022. É un servizo cuxa prestación está suxeita a cita previa. Os cidadáns que desexen concertar cita a partir desa data para ser atendidos por videoconferencia deberán solicitalo chamando á Liña Directa do Catastro (91 387 45 50/ 902 37 36 35).