A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

O prazo remata o 15 de novembro e os interesados poden pasar por Servizos Sociais para presentar as solicitudes.

Prazas e destinos:

Ofértanse un total de 526 prazas distribuídas do seguinte xeito:

  • 246 (2 quendas de 123 solicitantes cada un) na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias de Pontevedra e Lugo.
  • 280 (2 quendas de 140 solicitantes) na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas
    solicitantes da provincia da Coruña e Ourense.

Datas e servizos

Este programa levarase a cabo entre o día 22 de decembro de 2021 e o día 7 de xaneiro de 2022 en dúas quendas de 8 días cada unha (7 noites).
A primeira quenda efectuarase no período comprendido entre o 22 e o 29 de decembro e a segunda entre o 31 de decembro e o 7 de xaneiro.

O programa comprende os seguintes servizos:

  • Estadía na residencia durante 8 días (7 noites).
  • Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa. No suposto de que existise dispoñibilidade en habitacións individuais serán asignadas con preferencia aos participantes de maior idade.
  • Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.
  • Actividades de animación sociocultural.

A recollida das persoas participantes efectuarase o día 22 e 31 de decembro pola tarde para cada unha das quendas e a volta o día 29 de decembro e 7 de xaneiro, respectivamente, despois do almorzo.

Persoas beneficiarias:

a) Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

b) Estar empadroado nalgún concello galego.

c) Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.

d) Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.

e) Estar vacinado fronte á COVID-19 segundo o calendario sanitario vixente.

Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:

  • Perdesen o seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen nos últimos anos.
  • Teñan máis idade
  • Non participasen no programa Xuntos polo Nadal en pasadas edicións.

Para máis información:

Folleto_programa_xuntos_polo_nadal

Top