A Deputación Provincial de Pontevedra concedeu ao Concello de Catoira unha subvención ao abeiro das Bases reguladoras das subvencións en concorrencia competitiva para financiamento dos custos da dotación de persoal para a realización de tarefas información en oficinas de turismo adheridas á Rede de Oficinas de Turismo INFO RÍBAIXAS durante o ano 2021, por importe de 6.241,28 €, que supuxo a contratación de un técnico de información turística para a atención da Oficina de Turismo Info Rías Baixas ubicada en Catoira durante 6 meses, entre o 26/05/21 e o 25/11/21.
A subvención foi concedida pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial na sesión ordinaria do 26 de marzo de 2021, logo de ser solicitada polo Concello de Catoira ao abeiro da devandita convocatoria.
Está previsto iniciar o proxecto, que se desenvolverá ao longo de 5 meses, o vindeiro 1 agosto. O pagamento da citada subvención farase unha vez remitida á Deputación Provinca xustificación do custe total da actividade unha vez rematado o período de contratación..